ROTEIRO POR ALLARIZ

Como xa vimos facento todos os anos, para despedir o Club de Lectura, este curso tamén fixemos unha saída todos xuntos, 1º e 2º ciclo, para visitar a vila de Allariz. As profes que nos acompañaron este ano foron Mar e Begoña e tamén se apuntou o noso asistente de inglés, Marcus.

Tivemos a fortuna de gozar do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, aproveitamos para dar unha volta pola vila e coñecer a súa arquitectura caracterizada pola homoxeneidade da construción típica galega, que a convirten nunha das vilas máis fermosas de Galicia, visitamos a casa-museo de Vicente Risco e, finalmente, puidemos descansar mentres xantabamos ao carón do río Arnoia.

Deixámosvos algunhas das imaxes tomadas durante a xornada. Vémonos o ano que vén, Trotamundos!!!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

 

ÚLTIMO ENCONTRO DO CURSO!!!

Hoxe, 13 de maio, fixemos o último encontro do club de lectura do curso. Xa están á volta da esquina os exames finais e agora necesitamos concentración.

Na xuntanza de hoxe tivemos dúas partes. Nun primeiro momento xuntámonos todos para falar do roteiro que faremos a Allariz o vindeiro 18 de maio e, posteriormente, os membros do 2º ciclo despedimos o noso libro. Estivemos falando un pouco da historia aínda que hai quen non o rematou e o vai ler con máis calma durante o verán.

En xeral chegamos á conclusión de que este ano foi moi completo e fixemos moitas actividades divertidas: fomos á radio, recibimos a Elena Gallego, Xurxo Mariño, etc. A idea xeralizada é que o ano que vén seguiremos no club, abrindo as portas a novos lectores e despedimos aos que rematan no colexio.

Unha aperta a todos. Que teñades un bon verán lector. Vémonos Trotamundos!!!

 

Por certo, non vos olvidedes dos “DEZ DEREITOS DO LECTOR”.

decalogo lector

VISITA DE ELENA GALLEGO

Esta semana, como non debía de ser menos, xa que estamos preto do día grande das nosas letras, estamos realizando moitas actividades relacionadas coa literatura. Dentro deste grupo de actividades resaltamos o día de hoxe, 9 de maio, no que recibimos a Elena Gallego que veu a falarnos da colección Dragal.

Foi unha xornada divertida na que profundizamos máis no coñecemento dos pormenores da obra. Deixamos algunhas das imaxes tomadas durante o encontro.

ENCONTRO DO 4 DE MAIO

Hoxe quedamos de novo os integrantes do 1º ciclo para realizar a última reunión do curso. Agora temos que centrarnos xa nos exames finais e na vindeira saída para conocer a vila de Allariz.

No encontro de hoxe fixemos unha lectura conxunta falando sobre algúns aspectos da historia. Algúns xa remataron o libro, e outros levámolos para rematar con calma.

Tamén sacamos unha foto de despedida.

IMG_20160504_123123[1]